Con unha fermosa tarde de primaveira o Crocha tiña que defender o liderato ante o 2º clasificado(Galicia Bealo) un ekipo moi forte (de feito contra o Bealo na 1ª volta foi o ultimo partido que perdemos no ke vai de tempada) ke viña a polos tres puntos e intertar colocarse lider. Pero enfronte estaba un señor ekipo O CROCHA BALOMPE C.F. ke en todo momento plantoulle cara o rival e demostramolle a todo o mundo por estamos ahi e con sudor e sacrifio somos capaces de gañar a calquera ekipo como demostramos este ano.
Pois o partido empezou sin un dominador claro ningun dos dous ekipos aguantaba moito o balon e buscabase o balon directo os xogadores de arriba e de banda. O Crocha empezaria marcando os 15 minutos de partido con un golazo de Pivan, o gol chegaria tras un saque de banda e Miguez peinou o balono segundo pau e Pivan adiantandose o defensa meteria o 1-0 de tacon. Pouco nos ia a durar a alegria xa que Rulo empataria o partido os 5 minutos tras unha falta vertical colocou o balon a escadra e ainda que o More chegou a tocar o balon non puido detelo.
O Crocha que en ningun momento de partido tirou a toalla segiuno intentando e tivo algunha ke outra ocasion para adiantarse no marcador pero parecia que o gol no daba chegado, polo outro lado o Bealo xo chegaba a porteria de More a balon parado xa que os xogadores do Crocha estiveron impresionantes na defensa sen darlle a oportunidade os xogadores do Bealo. Xa cando ia transcurridos 35 minutos(mais ou menos) un balon dende a defensa enviado por Lupy as espaldas da defensa e Piñeiro desmarcandose moi ben dos defensas enganchou un moi bo tiro dende fora da area que Jañan nada pudo facer para detelo e con iste resultado chegariase o descanso.
Xa na segunda parte o partido foi moi electrico con chagadas en ambas porterias pero non houbo ningunha ocasion clara de gol, so balons parados colgados a area pero sen moitos problemas para os porteiro. O Crocha que sufriu a expulsion de Rufino cando ainda quedaba mais de 15 minutos para o final do encontro foi cando o Bealo apretou un pouco mais e tivo unha ocasion que o More detivo duas veces. E asi rematou o partido con unha tremenda alegria entre todos/@s crocheiros/@s.
Dende a redación deste blog quero darlle as gracias a toda a xente ke nos apoia domingo tras domingo e partido tras partido, para eles vai dedicado este ascenso por que nadie o merece mais ke eles, MOITAS GRAZAS.
A TERCEIRA VAI A VENCIDA.
P.D:E agora a pensar no partido de Cruido que non chega con ascender senon ke temos ke ser lideres.
Tras problemas co servidor tiven que volver a postear o articulo xa que o borraron e agora non deixanban engadir mais comentarios.
Tags: Repetición